Competencia xudicial e contrato de traballo no Regulamento Bruxelas: as últimas achegas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea

José Fernando Lousada Arochena

Resumo


No presente estudo analízanse as catro últimas sentenzas ditadas polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea interpretando diversos aspectos das regras de determinación da competencia xudicial internacional aplicables ao contrato individual de traballo contidas nos Regulamentos de Bruxelas (Caso Ahmed Mahamdia; Caso Holterman Ferho Exploitatie BV et alii; Caso Sandra Nogueira et alii; Caso Petronas Lubricants Italy SPA). O seu estudo conxunto permítenos identificar as premisas xerais de interpretación desas regras segundo a xurisprudencia do Tribunal de Xustiza. O seu estudo particular permítenos analizar unha serie de temas dunha importante transcendencia teórica e práctica: o contrato de traballo cunha embaixada non comunitaria e o alcance das cláusulas de submisión expresa; o concepto de contrato de traballo; o lugar de traballo no sector de aviación civil; e a reconvención da empresa.

Palabras clave


Competencia xudicial internacional; Contrato individual de traballo; Dereito da Unión Europea; Xurisprudencia do Tribunal de Xustiza

Texto completo:

PDF PDF (Español (España))

##plugins.generic.referral.referrals##

  • ##plugins.generic.referral.all.empty##


##submission.copyrightStatement##

##submission.license.cc.by-nc-nd4.footer##

Revista Galega de Dereito Social (RGDS) - 2ª etapa

Dirección postal:
Rúa da Algalia de Abaixo, 24, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña, España
Teléfono: +34 981 54 16 02
 

ISSN: 1696-3083

Desarrollada por:

Bavel Service Providers 

© 2017