DEREITOS FUNDAMENTAIS, INDEMNIZACIÓN POR DANOS MORAIS E PRUDENTE ARBITRIO DO XULGADOR NA SÚA DETERMINACIÓN: UNHA TORMENTA PERFECTA
Resumo
O presente traballo analiza os diversos problemas que xeran as indemnizacións por danos morais derivadas da vulneración de dereitos fundamentais. Nel estúdase a evolución da doutrina xurisprudencial nesta materia e reflexiónanse sobre as principais consecuencias e problemas xurídicos que suscitan as ditas interpretacións. Cuestións como a automaticidade das indemnizacións nestes casos; a lóxica reparadora que se atopa tras elas; as funcións e disfuncións do recurso á Lei de infraccións e sancións da orde social como baremo substitutorio do réxime tarifario común ou, en fin, os complexos problemas que pode xerar a función preventiva das indemnizacións como danos punitivos escondidos, son obxecto de análise ao longo deste traballo
Palabras clave
Dereitos fundamentais; danos morais, prudente arbitrio do xulgador; función reparadora e preventiva das indemnizacións
##plugins.generic.referral.referrals##
- ##plugins.generic.referral.all.empty##
##submission.copyrightStatement##
##submission.license.cc.by-nc-nd4.footer##
Revista Galega de Dereito Social (RGDS) - 2ª etapa
Dirección postal:
Rúa da Algalia de Abaixo, 24, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña, España
Teléfono: +34 981 54 16 02
ISSN: 1696-3083
Desarrollada por: