Historia da revista

Na súa primeira época, entre 1999 e 2004, A Revista Galega de Dereito Social era unha publicación do Consello Galego de Relacións Laborais da Xunta de Galicia que englobaba as sentencias máis significativas dictadas polas Salas do Social e do Contencioso-Administrativo do T.S.X.G., así como resolucións da Dirección Xeral de Relacións Laborais, artigos doutrinais, lexislación, etc. Pode consultase en http://cgrl.xunta.es/g_rgds.asp

En 2016 a RGDS comeza unha nova época, en formato dixital e dentro da filosofía do acceso aberto.